Onte, 16 de xaneiro, nos visitou Susa Herrera e nos presentou o seu novo traballo titulado: “ En Cabárceno se oye cantar”, traballo que sempre quixo facer, por estar relacionado co lugar no que naceu, Santander.
Susa é profesora da Área "Didáctica de Expresión Musical", na Universidade de Pontevedra.
Ten experiencia docente nas etapas de Infantil, Primaria, Secundaria e Universidade, amosa máis de 150 cursos impartidos en Programas de Formación do Profesorado e é ponente habitual en congresos sobre Educación Musical.
Escribíu varios libros infantiles: "Cartas que vienen y van", "Animales al cajón", "Animales encantados" e "En Cabárceno se oye cantar".
Dez animais cobran vida ao ritmo da música nas páxinas
de este libro. A través das súas cancións fai un marabilloso percorrido pola
fauna e os sons dos cinco continentes.
Podedes ver as imaxes de todos os nenos e nenas disfrutando das cancións e os bailes de Susa.
Esperamos verte moi, moi cedo Susa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario