Esta semana, do 10 ao
16 de Xaneiro, o
protagonista foi:
JESÚS
Xa de volta das vacacións do Nadal, retomamos o noso proxecto.
Estes días fomos coñecendo algo máis a Jesús: os seus apelidos, onde vive, os
seus gustos... e tamén estivo
encantado de poder amosarnos as súas cousas favoritas!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosóunos
o pequena que era a súa roupa e, co metro, comprobamos cánto medrou.
O luns 14, tivemos a
visita da súa mamá na aula. Xa sabedes
que estas visitas se fan normalmente os venres, pero este día Jesús e a súa
mamá estarán visitando a Mickey Mouse, na súa casa de Disneyland Paris, así que
a nosa visita adiantouse.
Jesús ensinóulle o traballo que está a facer na aula.
Coma sempre, comezamos a facerlle preguntas e así nos
enteramos de como é na casa; a súa
mamá contóunos que foi un bebé moi bo, que tomaba uns
grandes biberóns e así medrou moito, que sempre foi moi tranquilo e o segue a
ser, que lle gustan moito os debuxos da tele, pero que tamén axuda na casa
recollendo os seus xoguetes e súa roupa. Ela traballa de pasteleira e Jesús di que tamén vai facer ese traballo cando sexa maior. A todos/as nos pareceu un traballo moi
doce.
Despois, vimos unha
fermosa montaxe con fotos de Jesús dende o seu nacemento ate o de agora... foi unha
montaxe chea de sentimentos.
Cristel léunos un conto de "Mickey Mouse e os animais" que nos
gustou moito e por iso lle demos un forte aplauso.
Despois, nos repartiron unhas golosinas e, xa para rematar a
visita, lle entregamos un diploma como recordo desta semana e a despedimos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario