lunes, 18 de noviembre de 2013

Formamos palabras coas letras de MUSEO na aula de 5 anos

A semana pasada na aula de 5 anos, estivemos a realizar unha actividade de lectoescritura, a proveitando o tema dos museos.
O encargado dese día, Guille, foi o encargado de escribir a palabra "MUSEO" no encerado da aula. 
A continuación, e coa axuda do ordenador, fixemos unha táboa na que recollimos as cinco letras de MUSEO e comezamos a formar, entre todos, diferentes palabras con cada unha delas.
Os nenos e nenas tiñan que levantar a man, para pedir o turno, e dicir a palabra que sabían. Se era correcta, contabamos as sílabas que tiña e a escribiamos no ordenador.
Así, pouco a pouco, enchemos todo o cadro de variadas palabras.
Posteriormente, todos os nenos e nenas da aula escribimos nunha folla individual as palabras que recollimos na táboa e así foron quedando as fichas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario