martes, 19 de noviembre de 2013

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Como é Juanita?

A semana pasada, os nenos e nenas de 4 anos voltamos a traballar cos contos de "La mariquita Juanita".
O primeiro que fixemos foi lembrar o conto e, a continuación, observar atentamente unha das xoaniñas que temos no noso recuncho; fixámosnos que era vermella e con puntiños negros, que tiña dúas ás, dúas antenas e seis patas.
Posteriormente, falamos de cuestións coma: Como te sentiches sendo a xoaniña Juanita?, Dille á xoaniña Juanita cousas bonitas que te fagan sentir ben, Que cousas fan que te sentas ben?, Que cousas fan que nos sintamos mal?
Unha vez rematada a fase de diálogo, marchamos para as nosas mesas e completamos a ficha coas características da xoaniña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario