martes, 25 de noviembre de 2014

A maleta viaxeira de Gaspar visita 4 e 5 anos

 Como xa sabedes, este verán Gaspar estivo preto das nosas casas e descubriu que a arte non só está nos museos; deste xeito, nos deu unhas pistas para ver se adiviñabamos o tema deste curso. Como os nenos/as do cole son moi listos/as, enseguida souperon que este curso traballaríamos 
"A ARTE QUE NOS RODEA".
A semana pasada, Gaspar chegou ás aulas acompañado da súa maleta e trouxo nela moitas sorpresas. Propúxonos traballar a arte dunha etapa da historia diferente; aos nenos e nenas de educación infantil nos tocou introducirnos na Prehistoria: Paleolítico e Neolítico (os nenos e nenas de 4 e 5 anos xa están mans á obra. O alumnado de 3 anos comezará no mes de xaneiro).
 Na maleta tamén atopamos un caderno de arte, un libro, un mapa enorme e un dossier informativo para os mestres/as. Cantas cousas!!!!
E  agora, xa sabedes!... a investigar sobre a arte que nos rodea!!!!
Aquí tedes as fotos:

2 comentarios: