miércoles, 12 de noviembre de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 5 anos_O medo no conto "Luci, la luciérnaga"

Coa  chegada do Samaín, na aula de cinco anos estivemos traballando un pouquiño o tema do medo e, estes días, tamén o traballamos da man da nosa amiga Juanita. Despois de leer a historia "Luci, la luciérnaga" mostrámoslle aos nenos e nenas unhas pinturas que introducían o tema do medo e da oscuridade. Preguntámoslle ao alumnado se era posible que nos gustase unha obra de arte onde se nos amose "medo" e, a continuación, lles pedimos que nos explicasen as respostas  ofrecidas.
As obras suxeridas foron do Pintor Henri  Rousseau.
-Una noche de carnaval, 1886
-La gitana dormida, 1897
-La encantadora de serpientes, 1907
Partindo de cada unha das obras anteriores, ofrecéuselle a cada neno/a un anaco dunha das obras, que pegaron nunha folla e, posteriormente, tiveron que rematar eles/as a súa propia obra de arte.
Aquí queda unha pequena mostra deste traballo. Esperamos que vos guste.

2 comentarios:

  1. Por suposto que nos gusta. Fixeron unha gran obra de arte. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Ana!
    Como ben sabedes, os contos da xoaniña son moi interesantes e as historias lles gustan moito a nenos e nenas.
    Saúdos

    ResponderEliminar