miércoles, 4 de marzo de 2015

Na aula de 5 anos, tamén facemos pinturas rupestres

O pasado xoves, publicabamos neste blog esta entrada a actividade realizada polo alumnado de tres anos, que consistiu en pintar como o facían os homes e mulleres da Prehistoria.
Hoxe, chega a quenda dos nenos e nenas de cinco anos, que avanzan na súa investigación; descubriron que eran grandes artistas: pintabas as súas covas (unhas veces por placer e outras para agradecer aos seus deuses unha boa caza) e, para levar a cabo esta tarefa, utilizaban canas, pinceis feitos con pelo de animal,...
Como xa o fixeron os nenos e nenas de tres anos, o alumnado de cinco anos se trasladou á época que estamos a traballar e elaborou a súa propia pintura, seguindo a "receita": 1 cullerada de pimentón, 1 cullerada de aceite e 2 culleradas de auga. Unha vez tiveron esta mezcla, pintaron as súas mans en positivo e negativo, así como fixeron un debuxo libre coa mezcla.
Aquí vos deixamos cunha pequena mostra de todo este proceso que agardamos vos guste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario