miércoles, 25 de marzo de 2015

Saída ao Parque Forestal de San Miguel de Oia

O pasado xoves, 19 de marzo, todo o alumnado de educación infantil foi de visita ao Parque Forestal de San Miguel de Oia, como xa tiveramos feito noutras ocasións. 
Esta vez, a saída foi un pouco diferente, xa que ademais de contribuir á repoboación dos carballos do monte, puidemos descubrir uns restos antigosmoi importantes e da era prehistórica!!! 
Pois sí, nada máis chegar ao monte, camiñamos un pouquiño e puidemos descubrir os restos dun antigo molino, utilizado por homes e mulleres do Neolítico. Foi toda unha sorpresa e nos fixo moita ilusión poder tocar pedras e construcións elaboradas e utilizadas polos homes e mulleres dos que tanto falamos na aula. 
Cando todos os nenos e nenas viran o antigo molino, continuamos a andanza polo monte ata chegar ao merendero. alí, outro molino prehistórico nos estaba a agradar, así como os homes da Comunidade de Montes, que nos axudaron a prantar un total de 25 carballos. Dende este blog, lle damos as GRAZAS coma sempre, por colaborar con nós nestas actividades enfocadas ao coidado da Natureza.
Despois de tanto traballar, chegou a hora do almorzo: mmm!!!... pan con chocolate!!!... merecidísimo por todos e todas despois do traballo!!!... froita e zume foi o "menú reconstituínte" elixido.
Tamén tivemos tempo de xogar polo monte, lanzar as follas ao aire, ver como estaban a medrar os primeiros gromos das árbores,...
Aquí vos deixamos unhas imaxes da xornada.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario