jueves, 9 de abril de 2015

Covas e Campamentos

Antes de nos iniciar no último tramo da Prehistoria: a Idade dos Metais, os nenos e nenas de tres anos estivemos a repasar as características principais do Paleolítico e do Neolítico; para iso, aproveitamos os dous grandes murais colocados no exterior das aulas.
O primeiro que fixemos foi repasar as características principais do Paleolítico: os homes e mulleres vivían en covas, vestían coa pel dos animais, pintaban debuxos rupestres, descubriron o lume, aprenderon a cazar, eran nómadas, ...

A continuación, repasamos tamén o Neolítico: os homes e mulleres aprenderon a domesticar aos animais así como a cultivar, formaron campamentos nos que vivían e deixaron de ser nómadas,...
Con toda a información, elaboramos un cadro resumo do aprendido ata o momento para, así, poder continuar na seguinte etapa.
Doutra banda, realizamos unha actividade en papel onde colocamos as palabras "cuevas" e "campamentos" para, a continuación, decorar como quixeramos a cova prehistórica do debuxo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario