martes, 7 de abril de 2015

Os dolmens

Hoxe, voltamos á escola coas pilas cargadas para afrontar este terceiro e último trimestre do curso. Para comezar con toda a enerxía, vos plantexamos esta pregunta: Sabedes que son os dolmens?
Na aula de tres anos, os coñecemos á perfeción e imos compartir con todos esta explicación para que, os que todavía non saben ou non coñecen esta construción prehistórica, poidan achegarse un poquiño máis a ela.
Os dolmens son monumentos prehistóricos, da época Neolítica, formados por grandes pedras que, colocadas en posición vertical, sosteñen outra losa sobre elas, colocada en posición horizontal. Aquí podedes ver unha imaxe:
Podemos atopar diferentes teorías sobre para que se construíron os dolmens: poderían servir para marcar o territorio dun grupo, para realizar actividades económicas, pero a idea máis extendida é que os dolmens eran monumentos funerarios. Aquí, poderedes atopar milleiros de imaxes diferentes desta construción.
Os nenos e nenas da aula xa coñeciamos a existencia dos dolmens (xa que os vimos no vídeo das tres mellizas, que poderedes atopar neste post) Na aula, estivemos a elaborar diferentes dolmens, utilizando anacos de cartolina coma se foran as pedras da construción; doutra banda, tamén os elaboramos con plastilina, con pezas, no encerado, etc.
Aquí tedes as imaxes do traballo realizado que agardamos vos gusten. 

2 comentarios: