Esta semana, do 15 ao 19 de
Outubro, a protagonista foi:
AMANDA
Ao longo destes días fomos coñecendo máis
cousas sobre ela: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos, as súas cousas
favoritas . . .
E podemos comprobar canto medrou dende que
naceu ate o de agora.
Tamén nos foi ensinando fotos da súa familia e
dalgunhas das súas mascotas. Dese xeito o seu recuncho foise enchendo soas súas
cousas.
O venres visitounos a súa mamá, Begoña , na aula, que viña acompañada dunha
das súas mascotas.
Begoña contounos moitas cousas de cómo é Amanda cando está na casa, e así podemos saber que Amanda é unha
nena moi responsable e tranquila, que axuda a coidar dos animais, que fai a súa
cama e que lle gusta moito ler e debuxar. Tamén nos contou que de bebé chorou
ate os 6 meses, despois xa non, que sempre lle gustou moito comer, etc.
Na casa de Amanda hai moitos animais, nos xa
coñecemos os Agapornis (loros) que nos trouxo o ano pasado á clase, pero tamén
teñen dúas tartarugas que son xa moi maiores,
unha gata e tres cans. Un dos cans, que se chama Indio, ten unha
historia moi tenra que nos contaron, pois o encontraron perdido no monte e adoptárono e agora vive feliz coa súa
familia.
Por fin, ábrese a xaula de transporte e sae
Perla, a súa gata. Todos os nenos e nenas quedaron abraiados, xa que Perla é
unha gata impresionante, tanto polo seu tamaño como polo pelo que ten e os seus
ollos de cor laranxa. . .
Perla demostrou ser unha gata moi tranquila e
deixouse acariciar polos atónitos espectadores.
Amanda e a súa mamá contarnos como había que coidala: darlle de comer
pienso, bañala e cepillarlle ben o pelo para que estea ben bonito, pasarlle as revisións do Veterinario
e poñerlle as vacinas necesarias.
Xa para rematar, repartiron uns agasallos moi chulos: uns
debuxos cunha dedicatoria para cada un, feitos por elas na casa, e unha piruleta de corazón.
Antes de rematar esta doce visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedimos a Begoña cun merecido aplauso.
GRACIÑAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario