Aquí vos deixamos cunhas imaxes do recuncho presente na nosa aula para organizar toda a información sobre o conto "Xaime e as landras".
Este luns, despois do recreo, estivemos buscando un carballo polo colexio. A mestra Paula ensinounos un que temos nunha das entrada á escola e así puidemos ver as súas follas, o seu tamaño, se tiña landras ou non, etc.
Agora, temos que investigar se o carballo é de folla perenne ou caduca. Na árbore da aula puxemos unhas follas pero precisamos coñecer que tipo de folla ten para determinar se poñemos máis ou non. E ti, sabes se é de folla caduca ou perenne?
No hay comentarios:
Publicar un comentario