Na aula de 6ª de E. Infantil (5 anos), seguimos
co Proxecto
“O PROTAGONISTA DA
SEMANA”!
A semana do 1 ao 5 de outubro, a protagonista foi SABELA.
O luns,
día 1, na asemblea, Sabela foi nomeada protagonista e, durante toda a semana, fomos coñecendo
cousas propias dela coma: os seus
apelidos, data de nacemento, as súas cousas favoritas, o seu peso, medida,
talla, nº de zapato, enderezo, etc.; tamén vimos moitas fotos de cando era bebé, cando está coa súa familia, das viaxes, festas, etc. E con todo isto, foise
enchendo o recuncho do protagonista da nosa aula.
O venres
día 5, recibimos a visita dos pais de Sabela na aula.
Foi outra mañá chea de sorpresas, pasámolo moi
ben! E, deste xeito, coñecimos un pouco
máis a nosa compañeira e a súa familia.
Comezamos
cunha sesión de fotos nun power point que Manuel, o papá, e Sabela nos
ensinaron e así puidemos ver como
era a nosa protagonista nas distintas
idades, dende que naceu ate o de agora... e canto medrou! Ademais, vimos o contenta
que estaba facendo unha chea de cousas que lle gustan e con outros membros da
familia que non coñeciamos.
A
continuación, ela e a súa mamá contáronnos o conto “Pequeno azul, pequeno
amarelo” de Leo Leonni, e todos
participamos cos círculos desas cores que nos trouxeron.
Despois o
papá, axudado por Sabela, contounos o conto “Nadarín”, do mesmo autor.
Gustounos moito e todos participamos pegando os peixiños pequenos no mural do
peixe grande.
Os
compañeiros tiñan curiosidade por saber cal era o seu traballo e para
explicarllo trouxeron á aula dous microscopios, xa que a mamá de Sabela
traballa nun laboratorio e a Sabela encántalle ese traballo.
Foi toda unha
experiencia poder observar unha avespa, un anaquiño da pel dunha serpe (que
antes nos amosaron enteira) e unha gota de auga sucia dunha charca; tamén puideron
observar microbios e bacterias que non se ven a simple vista. Foi alucinante!
Os papás
de Sabela contáronnos que cando está na casa é moi responsable e colaboradora,
que pon a mesa, fai a súa cama, que lle gusta colaborar na cociña pero, sobre
todo, que lle gusta moito comer. Tamén lle gusta cantar e sabe moitas cancións
que cantan xuntos.
E xa para
rematar a visita, a familia repartiu uns
doces agasallos que nos encantaron: unhas pastas e uns bombóns feitos por eles
que ata daba pena comelos do bonitiños que eran, como podedes ver nas fotos. Por outra banda, recibimos un nini-contiño de Kalandraka para que sigamos a ler na casa.
Para
agradecer a súa colaboración e implicación no proxecto, lles entregámos un diploma
para toda a familia e un gran aplauso.
GRACIÑAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario