viernes, 21 de febrero de 2014

Neste Entroido 2014, O MECO ORDENA... (para o luns)

Xa chegou a FESTA DO ENTROIDO 2014 á nosa escola.
Como todos os anos, o MECO MANDA e ordena traer cada día á escola algo diferente.
Así, cada día da semana publicaremos unha entrada neste blog (sobre as 14:30 horas) coa orde para o día seguinte; aquí vai a orde para o luns.

Para o vindeiro LUNS, 24 de febreiro, Día de Rosalía, UNHA FLOR HAS TRAER... Pode ser rosa, xeranio, margarita, camelia ou clavel. Pode ser natural, de tea ou de papel. En definitiva, todo serve!!! O importante é pasalo ben!!!
Para comezar a preparar a festa e desfrutar nas vosas casas ou escolas, aquí vos deixamos esta Actividade LIM coa que poderedes xogar. Lembra que para xogar en pantalla completa, soamente tes que premer no cadrado (arriba a dereita) que poderás atopar no xogo.


Se queres acceder a máis recursos sobre o Entroido ou lembrar actividades pasadas, podes premer no debuxo do antiface situado no lateral dereito superior deste blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario