martes, 25 de febrero de 2014

Celebración do Día de Rosalía

Onte, 24 de febreiro, celebramos na escola o cumpreanos da nosa poetisa prefería e, así, conmemoramos o
 DÍA DE ROSALÍA.
Como todos os anos, a BiblioRía do colexio puxo á nosa disposición unha morea de recursos e poesías desta autora tan importante para nós. Hai moitas cousas na nosa terra que inspiraron a Rosalía para escribir os seus poemas. Así como os pintores pintan con pinceis e cores, os poetas e as poetisas pintan con lapis e palabras fermosas. Rosalía foi a inspiración para moitos pintores que lle fixeron retratos.
Na corcheira da BiblioRía, podedes admirar unha pequena mostra destes retratos nun mural que preparou o equipo da BiblioRía con imaxes tomadas do Faro de Vigo.
Deste xeito, Rosalía pasa a formar parte do noso proxecto deste ano "Lendo con Arte".
Para facerlle unha homenaxe, as distintas aulas prepararon un poema para recitalo este día. Estes poemas foron seleccionamos do libro "ROSALÍA PEQUENIÑA", da editorial Galaxia.
Durante á Hora de Ler (despois do patio) todo o alumnado e profesorado da escola se dirixíu cara ao ximnasio e, grupo a grupo, foi recitando poesías variadas de Rosalía de Castro, a quen homenaxeabamos.
Empezamos a recitar nós, os nenos/as de E. Infantil co poema "Has de centar", para continuar co poema "Como chove miudiño" recitado polo 1º e 2º ciclo de E. primaria.Os nenos/as de 3º e 4º prepraraon o poema "Alborada" e, por último,participaron os nenos/as de 5º e 6ºco poema "Miña santiña, miña santasa".
Aquí vos deixamos coas imaxes e coa poesía recitada polo alumnado de educación infantil.
Con cor vermella, o recitado polo alumnado de 4º Ed. Infantil-3anos
Con cor azul, o recitado polo alumnado de 5º Ed. Infantil-4 anos
Con cor verde, o recitado polo alumnado de 6º Ed. Infantil-5anos

Rosalía de Castro (Cantares Galegos)

Has de cantar,

meniña gaiteira,

has de cantar,

que me morro de pena.




Canta, meniña,

na veira da fonte;

canta, dareiche

boliños do pote.




Canta, meniña,

con brando compás,

dareiche unha proia

da pedra do lar.




Papiñas con leite

tamén che darei;

sopiñas con viño,

torrexas con mel.




Patacas asadas

con sal e vinagre,

que saben a noces,

¡que ricas que saben!




¡Que feira, rapaza,

si cantas faremos...!

Festiña por fóra,

festiña por dentro.




Canta si queres,

rapaza do demo;

canta si queres,

dareiche un mantelo.




Canta si queres,

na lengua que eu falo;

dareiche un mantelo,

dareiche un refaixo.




Co son da gaitiña,

co son da pandeira,

che pido que cantes,

rapaza morena.




Co son da gaitiña,

co son do tambor,

che pido que cantes,

meniña, por Dios.

No blog da BiblioRía poderedes atopar máis información sobre esta celebración: http://biblioria.blogspot.com.es/2014/02/dia-da-rosalia.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario