lunes, 3 de febrero de 2014

A nosa escola parece un museo!!!

Este proxecto "Lendo con arte" está a resultar un verdadeiro éxito!!! A verdade é que no colexio temos uns verdadeiros artistas!!!

Polo mes de novembro, xa comentabamos neste blog (http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/11/convertendo-escola-nun-museo.html) que todos e todas estabamos moi motivados/as á hora de investigar sobre diferentes artistas, obras, libros de arte, museos,... e que estabamos a converter os corredores da escola nun gran museo con moreas de reproducións de cadros famosos, feitas por nós.

 Se o pasado mes de novembro, podiades comprobar como andabamos preparando os cadros, hoxe poderedes descobrir como é o resultado final. Aquí vos deixamos unha mostra da nosa visión e reprodución sobre estes famosísimos cadros... Ah! e se tedes algunha dúbida, xunto con cada un poderedes atopar a imaxe do cadro orixinal así coma o letreiro con toda a información do mesmo: título, autor, ano, ubicación, medidas, estilo, técnica,...

No hay comentarios:

Publicar un comentario