miércoles, 5 de febrero de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_As margaridas reflectidas no lago

Unha semana máis, voltamos ter a nosa sesión coa xoaniña ”Juanita” na aula de catro anos, e seguimos a traballar habilidades e novas experiencias co conto "Los peces rojos del lago". 
Iniciamos a sesión coa lectura do conto. Posteriormente, pedimos aos nenos/as que observasen unha margarida; cada un tiña que contar o que sabía desa pranta e logo describir como era unha margarida. Ademais, a mestra aportou información e os invitou a observar e así poder establecer relacións de semellanzas e diferenzas. 
No encerado veleda fixemos o debuxo dunha margarida para pasar, posteriormente, ao traballo persoal na ficha onde cada alumno/a tiña que debuxar o reflexo das margaridas que a xoaniña "Juanita" víu no lago.
Así rematou unha semana máis a nosa sesión con Juanita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario