lunes, 16 de febrero de 2015

As ferramentas da Prehistoria

No noso blog, non paramos nestas festas de Entroido e continuamos a compartir con todos/as novas relacionadas co noso día a día na escola.
Na aula de cinco anos, agora que xa coñecemos as etapas da Prehistoria, estamos a investigar como vivían, de que se alimentaban e que ferramentas utilizaban para cazar estes homes e mulleres que viviron fai moitos, moitos anos. Entre toda esta información atopamos restos de ferramentas feitas con sílex e cuarzita que foron atopadas na zona vecina de Coruxo: BIFAZ DE LA PLAYA DEL VAO e BIFAZ DE CARRASQUEIRA.
Aquí queda unha mostra das nosas investigacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario