A principios do mes de outubro, no blogue de Belén Junquera (http://casadetolos.nireblog.com/post/2010/10/09/lim-colaborativo-participa) descubrimos a iniciativa de elaborar un libro colaborativo do Samaín, utilizando unha ferramenta aberta como é o programa LIM, deseñado por Fran Macías (http://www.educalim.com/cinicio.htm)
A nosa mestra Paula, púxose mans á obra, así como tamén outros mestres e mestras doutos centros. Aquí tedes o resultado: un libro colaborativo LIM sobre o Samaín; este libro conseguiu o seu certificado de publicación dixital e o queremos compartir con todos vós... esperamos que vos guste e que disfrutedes coas actividades propostas.
(podes xogar en pantalla completa, premendo no botón superior de dereita con forma de cadro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario