viernes, 29 de octubre de 2010

A protagonista da semana: ANTÍA

Hoxe, 29 de outubro de 2010, contamos na nosa aula de 5 anos cunha visita moi especial para todos e todas pero, en especial, para Antía xa que Manuel e Diana viñeron a visitar a nosa escola... vos preguntaredes quen son Manuel e Diana?... pois o pai e a nai da protagonista desta semana: Antía.
Para comezar, Antía e máis a mestra Tere, ensinaron as actividades en papel elaboradas durante toda a semana e que son xá "un clásico" nas tarefas dos nosos protagonistas.

A continuación, o pai de Antía presentounos un millerio de imaxes e vídeos nos que se recollían momentos importantes na vida de Antía (o seu nacemento, o da súa irmá Sabela, o seu cumpreanos), divertidos (cando pintou o seu corpo de vermello), deportivos (os seus saltos á piscina)...

Aquí vos deixamos coa presentación
Anti A
Unha vez finalizada esta presentación, Diana, a nai de Antía, contounos o conto favorito da protagonista agora que xa é maior: "999 hermanas ranas se mudan de charca"
Unha vez que xa coñecíamos o conto favorito de Antía agora que xa é maior, tocaba coñecer cal era o seu preferido cando era pequena. Grazas ao seu pai Manuel puidemos saber que era o conto: "A verdadeira historia de Carapuchiña vermella"
Despois de todos estos contos, nos agardaba unha sorpresa moi interesante: un MICROSCOPIO. A nai de Antía traballa con este aparello e o quixo compartir con todos nós; así, puidemos descubrir uns seres moi, moi pequenos e puidemos ver o sangue dunha maneira nunca vista ata o de agora... a algúns costounos máis que a outros, claro era a nosa primeira vez mirando a través dun microscopio...
Unha vez rematada toda a actividade científica, a familia de Antía nos tiña preparados un saborosos agasallos: uns bombóns de chocolate... boísimos!!! e uns sugus. Tamén tiveron un "agasallo lector" para todos os nenos e nenas da aula: un pequeno conto para cada un.
Como non podía ser doutra forma, a familia de Antía recibiu o diploma por colaborar co proxecto de protagonista.
Como a todas as familias que participan: MOITAS GRAZAS.

3 comentarios:

  1. Muchas gracias por vuestro excelente trabajo y por habernos dado la oportunidad de disfrutarlo. Lo pasamos muy, muy bien y nos gustó mucho el proyecto. Antía estaba contentísima y nosotros tan contentos que estuvimos de "rebajas": cenamos salchichas y Antía durmió en la cama de mami y papi. Diana y Manuel

    ResponderEliminar
  2. Hola Profes, Gracias por poner tantas fotos de mi dia, me gustaron mucho y mis abuelos de Asturias están encantados de poder verlas.
    Os quiero mucho
    Antía

    ResponderEliminar
  3. GRAZAS A VÓS POR PARTICIPAR!!!
    MESTRAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

    ResponderEliminar