Como comentabamos na entrada de onte, os nenos e nenas de 4 anos estaban a pintar á castañeira para decorar un gran mural no corredor... aquí está o resultado:
Quedou ben verdade?... e, se vos fixades ben, por ahí anda a gotita Clarita facendo das súas...
Os nenos e nenas de 5 anos, tamén teñen un mural do outono no seu corredor:
Moi bonito tamén.
Agora, estamos a rematar o mural de 3 anos e, en breves, poderedes disfrutal del como dos demais.
Fixádevos ben nos dous murais... non vos chama a atención nada?... Pois sí, os dous estan decorados cunha árbore do noso patio: o mural de 4 anos co loureiro e, o de 5 anos, cunha moreira.
Durante todo o curso, ás árbores do noso patio serán as verdadeiras protagonistas de todos os nosos traballos así que, estade moi atentos a este blog porque poderedes descubrir todas as novas que se vaian producindo e aprenderedes aínda máis cousas das árbores...
Por certo, cal será a árbore que aparece no mural de 3 anos???
No hay comentarios:
Publicar un comentario