miércoles, 12 de enero de 2011

Descubrimos máis recursos sobre as gotas de auga na rede e nos libros.

Aquí vos presentamos unha aplicación na rede para coñecer máis cousiñas sobre a auga.
(preme na imaxe para poder acceder á aplicación e xogar)
No blogue da mestra Belén Junquera sobre Actividades LIM (http://actividadeslim.nireblog.com/) descubrimos este conto sobre o ciclo da auga e actividades sobre o mesmo. A autora é a mestra Susana Viqueira a que lle damos as GRAZAS polo seu traballo e vos animamos a visitar o seu blogue (http://escoladecasalonga.blogspot.com/

(preme na imaxe para poder acceder ao blogue e poder xogar)
Por outro lado, grazas a nosa BiblioRía descubrimos un montón de libros sobre a auga e os fenómenos atmosféricos.



Esta mañá, os estivemos a ler e aquí vos deixamos a referencia dos mesmos por si vos interesa algún deles.

 
LIBROS SOBRE A AUGA- Os Bolechas queren saber... que é o auga. A NOSA TERRA. Pepe Carreiro.
- A auga está enferma. KALANDRAKA. Miquel Obiols.
- El agua. SALVATELLA. Carme Solà e Teresa Sabaté.
- ¡Descubre el agua!. TEXTO EDITORES.
- A auga. A NOSA TERRA.
- Soy una gota. EDICIONES ALTEA.
- El agua. EDICIONES MARIA DI MARE.
- Charcas y arroyos. EDICIONES ANAYA.
- El agua. PEARSON. ALHAMBRA.
- La meteorología. COMBEL.
- Lo que sabe Yupi del agua. PLANETA AGOSTINI.
- Clima. BAHÍA EDICIÓNS.
Pasámolo moi ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario