viernes, 28 de enero de 2011

O protagonista da semana: SAMUEL HERMIDA

Hoxe, venres 28 de xaneiro, o noso protagonista foi Samuel Hermida e recibimos na nosa aula a Carmen, a súa nai.
O primeiro que fixemos foi mostrarlle as actividades que fixo Samuel ao longo da semana e a mestra Tere axudou ao "prota" nesta tarefa.
A continuación, puidemos desfrutar na nosa aula cunha gran cantidade de xoguetes que teñen un significado especial para o protagonista, así como un milleiro de fotografías nas que se recollían diversos momentos da vida de Samuel.

 Samuel quixo traer á escola este sombreiro tan chulo de Bob Esponja!!!
 Compartiu os seus xoguetes con todos os nenos e nenas da aula. Foi pasando por cada unha das mesas e deixando que todos e todas puideran xogar "un anaquiño" con eles.
Tamén puidemos escoitar o son do mar a través dunha caracola. 
Grazas a Carmen, que trouxo un libro de adiviñas, pasamos un bo rato intentando adiviñar as solucións das mesmas. O protagonista axudou a súa nai a ler os textos.
Nesta xornada de venres, non podían faltar os contos; esta vez, tocou un conto tradicional: PINOCHO. Pero Carmen non trouxo soamente o conto, tamén o títere de Pinocho que contaba a historia con ela e máis con Samuel!!!
Tamén tivemos "momentos musicais" e unha mascota un pouco perezosa!!!
A nai de Samuel cantou e nos ensinou unha canción na que tiñamos que utilizar as nosas mans e onde os diferentes dedos da man aparecían de un en un, se presentaban e se saludaban.
 Cando andabamos nos noso tempo musical, decidimos que era o momento de "espertar" á mascota de Samuel: un hamster moi pequeniño... pero non houbo maneira, non quixo saír do seu escondite, tiña un pouco de vergoña, polo que decidimos continuar bailando un pouquiño...
 ... o fixemos cunha canción dos Lunnis: "Dame tu mano".

Xa para rematar esta xornada chea de actividades, Samuel repartiu entre os seus compañeiros e compañeiras unhas bolsas de chuches e nós lle fixemos entrega a súa nai do tradicional diploma do que tantas veces vos falamos.
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario