viernes, 14 de enero de 2011

A protagonista da semana: LUNA

Comezan de novo os venres nos que recibimos na aula de 5 anos á familia do protagonista da semana. Este venres, recibimos á familia de Luna: a súa nai e a súa curmá.
Coma sempre, a protagonista iniciou a xornada ensinando os traballos realizados ao longo do seu "principado".
A continuación, a súa familia mostrounos no ordenador da aula unha serie de fotos nas que puidemos ver a Luna cando era bebé, cando se disfraza, cando vai de viaxe, cando celebra os seus cumpreanos, etc.
Despois disto, chegou un dos momentos máis interesantes e divertidos da mañá. A nai de Luna ten unha pequena dificultade auditiva e sabe falar coa linguaxe de signos; por iso, descubrimos como podiamos dicir algunhas cousiñas utilizando as mans que ela mesma e máis Luna nos ensinaron. "Pelota", "bici", "monopatín", "te quiero",... estas foron algunhas das palabras que escoitamos e "puidemos ver" nas mans de todos os nenos e nenas da aula.
Como non, non podía faltar a rolda de prensa nas que que o alumnado preguntou cousiñas sobre a protagonista.
A súa nai e máis a súa curmá Ruth responderon, xunto con Luna, as preguntas plantexadas así como nos contaron certos detalles da súa vida.
Tamén tivemos tempo para ler unha serie de libros que trouxo a protagonista e que se atopan entre os seus favoritos. En primeiro lugar, un libro máxico que se convertía nunha casa de fadas!!!
A continuación, o conto titulado "El ratón que comía plátanos" e "La granja", así como outro conto duns gatos moi divertido.
Unha vez finalizada a sesión de lectura, a protagonista repartiu entre todos os nenos e nenas da aula unhas enormes bolsas de chucherías e entregou a súa familia o diploma que acredita a súa participación no proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario