Este venres, día 21 de xaneiro, tocoulle o turno de protagonista a Sol.
Coma sempre que recibimos ás familias, o primeiro que facemos é ensinar os traballos realizados ao longo da semana; neste caso, Sol, xunto coa mestra Tere, realizou a presentación das súas fichas baixo a atenta mirada da súa nai.
A continuación, Paola, a nai de Sol, amosounos unha presentación dixital de imaxes que percorrían a vida da protagonista dende o seu nacemento; ademais, tamén compartiu con todos nós unhas fotografías en papel que foron "visitando" as mesas dos compis da aula.
O que descubrimos grazas a súa nai foi que Sol é unha gran deportista; ten milleiros de trofeos e medallas na súa casa que, xuntos cos do seu pai, forman unha gran colección de éxitos deportivos!!!
Nesta xornada, tamén puidemos dar unha volta polo mundo e trasladarnos ao Uruguay, lugar de nacemento da familia de Sol. Grazas a Paola, puidemos descubrir que alí toman unha bebida moi característica chamada "mate".
Tamén sabemos que non utilizan os euros senón os chamados "pesos".
Como é característico nestas sesións, non puido faltar a rolda de preguntas por parte dos compañeiros e compañeiras da aula; así, descubrimos algunhas cousiñas máis da nosa protagonista.
Para rematar, tocaba a entrega de "chuches" por parte da protagonista e a entrega á nai de Sol do diploma que acredita a súa participación no proxecto.
GRAZAS PAOLA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario