Como sabedes, o alumnado de 4 anos está a traballar o tema da auga durante este curso.
Se o trimestre pasado a súa atención estaba posta no ciclo da auga, este trimestre comezamos traballando os estados da auga: SÓLIDO-LÍQUIDO-GASEOSO.
A mestra Emma ensinounos o vapor de auga utilizando un aparello para quentar biberóns. Con el aprendimos que a auga, cando está quente, se transforma en vapor.
Este xoves, a mestra Paula trouxo á aula uns cubiños de xeo cos que descubrimos o estado sólido da auga: notamos a súa fría temperatura, a súa dureza,... A auga convírtese en xeo ao someterse a altas temperaturas; o mesmo acontece cando cae o granizo (a auga das nubes está tan fría que se convirte en xeo e, ao precipitarse, o fai neste estado sólido)
Tamén puidemos comprobar que eses cubos de xeo se desfacían; voltaban a ser auga líquida de novo. Todo isto debido ao cambio de temperatura: cando están no conxelador, convírtense en xeo pero, coa calor da aula, derrítense e volven ser auga líquida.
Xa non queda nada dos nosos cubos de xeo!!!
A COUSA VAI DE EXPERIMENTOS
Como ben sabedes, comezamos este trimestre investigando os estados da auga. Xa sabemos que pode estar en estado sólido, líquido e gaseoso.
A auga líquida (estado líquido), cando está sometida a baixas temperaturas, convírtese en xeo (estado sólido) e, cando está sometida a altas temperaturas, en vapor de auga (estado gaseoso).
Na nosa aula xurdíu unha pregunta:
Para iso, decidimos facer un simple experimento tomando como referencia unha botella con auga. Fixemos unha marca no nivel de auga que presentaba nese momento e anotamos nunha folla de rexistro o día no que comezamos o experimento.
A medida que vaian avanzando os días, o nivel de auga baixará e anotaremos na botella e na folla a que nivel se atopa e o día. Así, descubriremos que a auga vaise evaporando co percorrer dos día.
PODEREDES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN NO NOSO BLOGUE DE VOZ NATURA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario