miércoles, 12 de febrero de 2014

"La mariquita Juanita"_Aulas 4 e 5 anos_"Maripepa, la mariposa"

A semana pasada, vivimos con Juanita unha nova experiencia a través dos seus contos: a xoaniña coñeceu unha nova amiga e con ela tivo novas sensacións; esta amiga era unha bolboreta chamada Maripepa.
Coma sempre, o primeiro que fixemos foi ler o conto e descobrir o que sabían os nenos e nenas deste insecto que tanto lles gustou. Falamos das dúas características, da súa cor, da súa forma, de se coñeciamos outras bolboretas, como eran, etc.
Unha vez traballado este aspecto, estivemos a falar sobre un tema moi importante: a paciencia. Grazas á historia de Maripepa comprendimos a importancia deste valor, de saber agardar. A bolboreta tivo que aguantar dentro do seu casulo durante moito tempo para se poder converter no fermoso animal que era. 
Doutra banda, lembramos a historia do conto "Unha eiruga moi larpeira", onde a protagonista do conto transfórmase nunha fermosa bolboreta despois dun longo proceso no que a paciencia é fundamental.
E nós? Sabemos agardar? Temos paciencia? Cada un identificou momentos nos que eles ou elas tiñan paciencia e momentos onde non a tiñan.
Unha vez rematada a parte oral, entre todos e todas estivemos a debuxar unha bolboreta na pizarra e, a continuación, cada un fixo o mesmo na súa folla, pintando ou decorando as diferentes bolboretas para as deixar ben bonitiñas.

          Se queredes descargar o conto "Unha eiruga moi larpeira" en formato para traballar co Encerado Dixital Interactivo, podedes premer na seguinte ligazón:
      http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Contos

Por outra banda, aquí vos deixamos unha actividade LIM para que xoguedes con esta eiruga e a súa historia que tanto gusta a pequenos e maiores.

2 comentarios:

  1. O conto da eiruga gústalles moitísimo a todos, aos meus os primeiriños. Grazas polo enlace á actividade da PDI e polo LIM. Sen dúbida utilizarémolo. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo comentario, Ana.
    A verdade é que tanto este conto da eiruga coma outros do mesmo autor, Eric Carle, sempre gustan moito a pequenos e non tan pequenos... son fabulosos!!!
    Fai uns cursos, fixemos un proxecto anual cos seus contos y funcionou moi, moi ben nas aulas... Moitas alegrías e satisfacións tivemos con ese traballo...
    Os materiais, encántanos que os utilicedes; unha das características deste mundo 2.0 é compartir contidos e facilitar as nosas tarefas como docentes, ás familias... Así que estamos encantados de que o noso traballo teña uso por parte dos usuarios.
    Bicos

    ResponderEliminar