domingo, 6 de febrero de 2011

O protagonista da semana: DANIEL

O pasado venres, día 4 de febreiro, o pai de Daniel compartiu con nós unha xornada de "protagonista". Ás 10:00 horas da mañá, David chegou pola porta da aula.
 O primeiro que fixemos foi ensinarlle as actividades que Daniel realizou durante a semana. Acompañado pola mestra Paula puidemos descubrir a súa familia, o lugar onde vive, como era de pequeno,...
 Ao rematar, Daniel e o seu pai responderon ás preguntas que os nenos e nenas tiñan preparadas para eles.
Descubrimos onde traballa David así como as súas aficións: a capoeira e a música.
 Tamén puidemos descubrir un instrumento musical ata o de agora totalmente descoñecido por todos nós: o BERIMBAU.
Sorprendeunos a súa forma de arco; moitos de nós pensabamos que se trataba dunha caña de pescar ou dun arco de frechas pero non, é un istrumento musical.
 O pai de Daniel cantounos un par de cancións e os nenos e nenas da aula puideron participar delas entonando os ritmos que lle marcaba David.
Explicounos un poquiño en que consiste este aparello, as pezas das que se compón,... e tamén que este instrumento musical foi o "antepasado" do que hoxe coñecemos como a guitarra.
 Coma sempre, non faltaron as gominolas nin a entrega do diploma ao pai de Daniel por participar co proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario