Esta semana o protagonista foi Diego Pazos e hoxe, venres 18 de febreiro, vivimos unha xornada moi interesente descubrindo un pouquiño máis sobre a súa vida.
Nun primeiro momento, repasamos os traballos realizados durante toda a semana; acompañado pola mestra Tere, Diego amosounos a todos e todas como era de pequeno, cales son as persoas que integran a súa familia, onde vive,...
A continuación, puidemos ler o conto "El cocodrilo inteligente", un dos favoritos de Diego.
A tradicional "rolda de prensa" chegou unha vez rematado o conto. Coma sempre, os seus compañeiros e compañeiras foros os encargados de realizar as preguntas ao noso protagonista.
Chegada a pregunta: "cal é a túa canción favorita?", o protagonista contestou que a canción de "Código lyoco" e como as mestras non sabían moi ben que era "iso", pois decidimos que o mellor era teclear o nome no ordenador e buscar a ver que atopabamos.
Por último, unhas saborosas chuches de parte do protagonista...
No hay comentarios:
Publicar un comentario