Seguimos "buceando" pola rede e atopamos máis recursos de utilidade que podemos utilizar co alumnado de 4 anos e que serven de boa axuda para traballar sobre a auga.
(para acceder a cada un dos recursos, preme na imaxe correspondente)
Por un lado, vos presentamos unhas imaxes variadas, recollidas no Álbum Picassa de Isabel Fernández
Páxina con información xeral sobre a auga e documentación variada.
Xogo flash onde poderás descubrir de forma amena e divertida as características da auga, realizar experimentos, xogar con memories,...
Por outro lado, queremos que este blogue sexa unha canle onde compartir as nosas actuacións, a nosa "forma de facer", as nosas experiencias,... e onde todos os mestres/mestras poidan recoller ideas para os seus centros.
Aquí amosamos algunas das nosas ideas de clasificación da información e como vai quedando o noso mural onde recompilamos toda a información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario