domingo, 13 de febrero de 2011

Brrr... que frío vai!!!

Coas baixas temperaturas que temos, mirade como quedaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos... convertidos en bonecos de neve!!!
SOMOS BONECOS DE NEVE - 4 ANOS

SOMOS BONECOS DE NEVE - 5 ANOS

Estas imaxes foron creadas polo alumnado destas aulas utilizando o programa da "pizarra máxica" Smart Notebook 10.
O primeiro que fixemos foi sacar as fotos coa cámara dixital do cole nunha postura onde tiñamos os brazos ben abertos; estas imaxes as introducimos dentro do programa e, posteriormente, decoramos o noso corpo co necesario para ser bonecos de neve (gorro, bufanda, vasoira, botóns,...) As imaxes as escollimos a través de Internet ou na Galería de Imaxes que ten o software.
Pasámolo pipa e vos recomendamos facer caracterizacións variadas xa que son moi entretidas e aprendemos de maneira sinxela a utilizar as distintas ferramentas do programa.
PODEMOS COMPLETAR ESTA ACTIVIDADE CON...
Recomendamos complementar esta actividade realizando actividades sobre o tema que poderedes atopar nestas entradas do blogue publicadas fai un tempo e que compartimos con todos vós.

ACTIVIDADE EDI SOBRE O INVERNO E ACTIVIDADES DE LECTOESCRITURA:

ACTIVIDADE LIM SOBRE O INVERNO:

No hay comentarios:

Publicar un comentario